viernes, 13 de mayo de 2016

O POETA DA TERRA CHÁ

Fun á Montaña levando
a  miña paixón chairega,
¡ O vento foime contando
os poemas de Noriega…!

Conversas con Manuel María de Xosé Manuel del Caño (Nova Galicia Edicións)



Este libro de conversas, acompañado por un CD, foi reeditado este ano aproveitando que as Letras Galegas están adicadas a este poeta lucense; recolle as conversas de Manuel María e Xosé Manuel del Caño, xornalista delegado do  Faro de Vigo en Ourense, que tiveron lugar no ano 1990.
Nesta conversa, o “poeta da Terra Cha” fai o percorrido polas súas vivenzas, desde a infancia ata o presente (…daquela, 1990).
Lembra a súa infancia en Outeiro de Rei: os seus avós, os seus pais e  a súa primeira lembranza (“comer uns roscos na voda dunha parente…”), así como os  primeiros contactos coas letras (Juanito o el tesoro de las escuelas) ou a importancia que tivo para el o seu profesor D. Lázaro Montero coas recomendacións literarias –Alberti, Lorca, Juan Ramón Jiménez…- e  a introdución no ambiente literario da época, nas tertulias. É nesta época cando coñece a Uxío Novoneyra e outros intelectuais do momento.
En 1949 comeza a publicar a revista Xistral onde aparecerán os seus primeiros versos; neste mesmo ano escribe tamén Muiñeiro de Brétemas.
O seu compromiso coa lingua galega queda instalado en Compostela, cando fai o servizo militar, tempo no que queda vinculado con Uxío Novoneyra.
Co tempo fundará a Editorial Xistral na que escribirán autores tan recoñecidos  como Ramón Cabanillas, Luz Pozo, Carballo Calero…


  


 Outros libros do autor na biblioteca

Barriga verde, Ed. O Moucho. Vigo, (1968) –teatro-.
Farsa de Bululú; Ed.Xerais, Vigo (2006)-teatro-.
Os soños na gaiola, Ed. Xerais. Vigo (2009) –poesía infantil, recomendado a partir de 9 anos-.
Terra Chá, Biblioteca Galega de La Voz de Galicia (2002) -poesía-.
Escolma de poetas de Outeiro de Rei, Ed. Xerais de Galicia. Vigo (1982) -poesía-.

Do A ao Z con…Manuel María de Xosé Lois García e ilustrado por Jaime Asensi. Ed. Everest Galicia .A Coruña.(2011).
Manuel María. Homes, feitos e palabras. Colección de Autores de El Correo Gallego. Ed. Compostela .Santiago (1996)



No hay comentarios:

Publicar un comentario