O POETA DA TERRA CHÁ
Fun
á Montaña levando
a miña paixón chairega,
¡
O vento foime contando
os
poemas de Noriega…!
Conversas con Manuel
María de Xosé Manuel del Caño (Nova Galicia Edicións)
Este libro de conversas, acompañado por
un CD, foi reeditado este ano aproveitando que as Letras Galegas están adicadas
a este poeta lucense; recolle as conversas de Manuel María e Xosé Manuel del
Caño, xornalista delegado do Faro de
Vigo en Ourense, que tiveron lugar no ano 1990.
Nesta conversa, o “poeta da Terra Cha” fai o percorrido polas súas vivenzas, desde a
infancia ata o presente (…daquela, 1990).
Lembra a súa infancia en Outeiro de Rei:
os seus avós, os seus pais e a súa
primeira lembranza (“comer uns roscos na voda dunha parente…”), así como os primeiros contactos coas letras (Juanito o el tesoro de las escuelas)
ou a importancia que tivo para el o seu profesor D. Lázaro Montero coas
recomendacións literarias –Alberti, Lorca, Juan Ramón Jiménez…- e a introdución
no ambiente literario da época, nas tertulias. É nesta época cando coñece a
Uxío Novoneyra e outros intelectuais do momento.
En 1949 comeza a publicar a revista
Xistral onde aparecerán os seus primeiros versos; neste mesmo ano escribe tamén
Muiñeiro
de Brétemas.
O seu compromiso coa lingua galega queda
instalado en Compostela, cando fai o servizo militar, tempo no que queda vinculado
con Uxío Novoneyra.
Co tempo fundará a Editorial Xistral na
que escribirán autores tan recoñecidos
como Ramón Cabanillas, Luz Pozo, Carballo Calero…
Outros libros do autor na biblioteca
Barriga verde, Ed. O Moucho. Vigo, (1968) –teatro-.
Farsa de Bululú; Ed.Xerais, Vigo (2006)-teatro-.
Os soños na gaiola, Ed. Xerais. Vigo (2009) –poesía
infantil, recomendado a partir de 9 anos-.
Terra Chá, Biblioteca Galega de La Voz de Galicia
(2002) -poesía-.
Escolma de poetas de Outeiro de Rei, Ed. Xerais de Galicia. Vigo (1982) -poesía-.
Do A ao Z con…Manuel María
de Xosé Lois García e
ilustrado por Jaime Asensi. Ed. Everest Galicia .A Coruña.(2011).
Manuel María. Homes, feitos e palabras. Colección de Autores
de El Correo Gallego. Ed. Compostela .Santiago (1996)