Kusuma
Este é un libro moi
recomendable nestes momentos, nos que tanto se fala da acción devastadora do
home na selva amazónica e súas terribles consecuencias; estando nosos
novos lectores familiarizados e sensibilizados có tema.
Con este telón de
fondo, Héctor Cajaraville cóntanos a historia de Kusuma, faisán femia de belo plumaxe, nacida na selva de Kaltim,
que se ve obrigada a marchar do seu fogar debido á acción destrutiva do home.
Kusuma
busca
un futuro mellor para a rolada de pitiños, que espera en breve, para
o cal cruza o océano Atlántico como polizón nun buque mercante. Semellando un
paralelismo das grandes marchas de migrantes do noso tempo.
Como vemos, a historia
de Kusuma axúdanos a pensar e poñernos no lugar dos outros
e comprendelos.
No barco coincide cun
orangután (polizón) que tamén fuxe en busca de futuro. Para a súa sorpresa falan
o mesmo idioma, o dos animais, e grazas a compartir esa mesma linguaxe, apóianse
e axúdanse cando están en perigo e consiguen chegar sans e salvos á costa
galega.
Pero en Galicia as cousas
non son fáciles para Kusuma. Atópase coa
desconfianza da maior parte dos animais que habitan a fraga perto da
costa - elexida para construir o seu niño- polo feito de
ser diferente.
Os habitantes da fraga constitúense nunha asamblea para decidir se Kusuma se pode quedar naquel lugar ou se pola contra ten que ir ao eucaliptal que o bordea, no que viven aqueles que non son ben recibidos. Alí ten lugar unha serie de dificultades dramáticas cunhas avespas moi perigosas, outra ameaza máis para Kusuma, seus pitiños e demáis compañeiros da periferia da fraga.

Ten un bo final,
positivo, que demostra que a labor de equipo da os seus froitos contra a rixidez
e intransixencia. Finalmente, Kusuma conquista o seu lugar, noutro bosque lonxano,
onde é ben acollida xunto a súa prole.
Libro galardonado co “Premio Merlín
de Literatura Infantil, 2018”,
escrito cun vocabulario rico e exuberante, á par que sinxelo e agradable. Gustoume
moito para os nosos lectores e lectoras de Primaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario