lunes, 9 de octubre de 2017

Estamos de volta

Benvidos e benvidas de novo ao Blog da Biblioteca do Colexio de Santa María del Mar...e, cremos, que non hai mellor forma de voltar que facendo referencia a un premio: "PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL 2017" que este ano foi obtido polo escritor galego Antonio García Teijeiro pola súa obra: Poemar o mar, publicada en 2016.

Antonio García Teijeiro naceu en Vigo en 1952, dedicou a grande maioría das súas obras á literatura infantil e especialmente  á poesía; el mesmo considera que "sen poesía non pode vivir". No fondo da nosa Biblioteca temos, entre outras obras: As catro estacións; Volando por las palabras; Lueiro de papel; Chove nos versos; Honorato, o rato namorado; Verbas de sal...

Para conmemorar este importante premio fixemos unha exposición na Biblioteca con algunhas das obras deste autor.





E para despedirnos, deixámosvos un dos seus poemas escollido do libro: As catros estacións.

Mar de escuma
de prata
de bruma.

Mar teimudo
esperto
escuro.

Mar-biqueiro
Mar-espello
Mar-luceiro

Mar
preguiceiro
Mar
pillabán

¡Mar do verán!

No hay comentarios:

Publicar un comentario