miércoles, 13 de diciembre de 2017

3º de PRIMARIA TE RECOMIENDA...

Como os contábamos en una entrada anterior los alumnos de 3º de Primaria asisten, durante este curso, por primera vez, a la Biblioteca de "mayores" y, además, de la charla de Formación de Usuarios, es habitual que realicemos con ellos la actividad de recomendar, al resto de usuarios, aquellos libros que más les han gustado.
Con este fin los alumnos dibujan la portada del libro que quieren recomendar.







Y, con todas la portadas de "nuestros pequeños artistas", hemos organizado una exposición.



EXPOSICIÓN DE ALUMNOS DE 3º EP
EXPOSICIÓN DE LOS ALUMNOS


¡MUCHAS GRACIAS!

viernes, 3 de noviembre de 2017

SAMAÍN NA BIBLIOTECA

O Samaín chegou á nosa Biblioteca, os primeiros indicios fixéronse ver en forma de gorro de meiga, capa; despois, foron aparecendo libros, algún que outro castelo encantado...






Como cada ano, os alumnos disfrutan coas pantasmas, os adornos e andan na procura do libro máis terrorífico e "disfrutan" da tradición que os antigos celtas celebraban na noite do 31 de outubro, data elexida como o "día da transición" entre o verán e a estación "sombría".
Durante estes días, di a tradición, os povos "celtas" crían que a fronteira entre os vivos e os mortos diluíase polo que os espíritos podían voltar ao mundo dos vivos.


Esta tradición foi levada a EEUU no século XIX polos emigrantes irlandeses.


Como curiosidade: a palabra "Halloween" procede da contracción "All Hallows Eve" que significa "víspera de Tódolos Santos".

sábado, 21 de octubre de 2017

UNA VISITA MUY ESPECIAL

Como es habitual, a principio de curso, recibimos en la Biblioteca la visita de los alumnos de 3º EP, que, hasta la fecha, habían sido "usuarios" de la Biblioteca Infantil del colegio.

Todo preparado y  a la espera...

Durante esta visita, llena de emoción y alegría, les informamos de las normas de la Biblioteca; de la ubicación de los libros, revistas...; de los horarios y








les explicamos el funcionamiento del servicio de Préstamo mediante una práctica para la que muchos se prestan voluntarios.






Y, como todos los años, nos quedamos con un buen sabor de boca, buenos recuerdos ...y una foto de grupo.


¡Muchas gracias por vuestra visita!

lunes, 9 de octubre de 2017

Estamos de volta

Benvidos e benvidas de novo ao Blog da Biblioteca do Colexio de Santa María del Mar...e, cremos, que non hai mellor forma de voltar que facendo referencia a un premio: "PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL 2017" que este ano foi obtido polo escritor galego Antonio García Teijeiro pola súa obra: Poemar o mar, publicada en 2016.

Antonio García Teijeiro naceu en Vigo en 1952, dedicou a grande maioría das súas obras á literatura infantil e especialmente  á poesía; el mesmo considera que "sen poesía non pode vivir". No fondo da nosa Biblioteca temos, entre outras obras: As catro estacións; Volando por las palabras; Lueiro de papel; Chove nos versos; Honorato, o rato namorado; Verbas de sal...

Para conmemorar este importante premio fixemos unha exposición na Biblioteca con algunhas das obras deste autor.





E para despedirnos, deixámosvos un dos seus poemas escollido do libro: As catros estacións.

Mar de escuma
de prata
de bruma.

Mar teimudo
esperto
escuro.

Mar-biqueiro
Mar-espello
Mar-luceiro

Mar
preguiceiro
Mar
pillabán

¡Mar do verán!

viernes, 24 de marzo de 2017



QUEN CON LUME XOGA, QUÉIMASE
TÍTULO: Xa non estou aquí
AUTOR: Iria Misa
EDITORIAL: XERAIS. Colección: Fóra de xogo

Novela formativa con lección moral, ideal para mozos e mozas con inquedanzas.
Ópera prima, de considerable contido social, de Iria Misa Peralba (Gondomar, 1983), profesora de Ensino Secundario; galardoada co “Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016”.
Nela cóntasenos a desaparición de Ánxela, moza repetidora de 1º de Bacharelato, a súa busca desesperada e posterior encontro.
Ánxela  non está a vivir un bo momento, séntese doída pola ruptura coa súa parella, alonxada dos seus pais e irmán; desubicada, non atopa o seu lugar no mundo. Asiste ao Instituto de mala gana, “lata” sempre que pode e recala a miúdo na aula de castigo, onde coincide con María, que a seduce de inmediato polo seu aire rebelde, pola súa forma de estar e comportarse, pola autoridade que emana fronte aos compañeiros…  María forma parte dun grupo con aspecto gótico, diferente do resto, coñecido coma Os Murnios, catro mozos (Carlos, Leirós, Xan e Gabriel) e unha moza (María). Témeselles e respectáselles a partes iguais. Ánxela séntese engaiolada por eles. A través de María entra en contacto co grupo, tamén co mundo das drogas, encontrando deste xeito a visibilidade que tanto desexa. Dándolle, á súa vez, un xiro determinante a súa vida.
Os Murnios teñen unhas normas escritas polas que se rexen e cuxo obxectivo é a busca do pracer polo pracer sen ningunha consideración moral. Sométense a probas extremas buscando experiencias límite. De aí o título da recensión: “Quen con lume xoga, quéimase…”. Aínda que estas probas xeran dúbidas e angustia a nosa protagonista, o desexo de ser aceptada e valorada polo grupo, lévaa a querer demostrar a súa ousadía e valor por enriba de todo.
Ánxela, desde o comezo da narración fainos partícipes das súas coitas, medos e devezos. Cada capítulo está narrado por un personaxe diferente da súa contorna,  co que imos construíndo a historia da protagonista e a  súa desaparición (tamén do mundo que a rodea), desde distintos puntos de vista que se entrelazan e  nos desvelan pouco a pouco o que sucedeu.  A narración comeza o día no que Ánxela desaparece, meses despois do comezo de curso e a súa entrada nos Murnios.
Aínda que se intúe o final, a trama atrapa e mantén o interese en todo momento, con linguaxe áxil e precisa.


Dende a Biblioteca dámoslle as grazas a nosa compañeira SUSANA DEVESA 
pola revisión e mellora desta reseña.